“Imos estar aquí o 8M e os 365 días do ano” será o lema do BNG de Narón.

“Por un Narón en igualdade” está dentro dunha campaña nacional do BNG onde cada mes haberá unha denuncia e unha alternativa que comezará neste mes de marzo centrándose na fenda salarial que sofren as mulleres galegas.

A portavoz municipal e candidata a alcaldía, Olaia Ledo, presentou a primeira campaña do BNG para este 8 de marzo en narón con compañeiras e compañeiros da localidade en Santa Icía “que durará o ano enteiro, porque a igualdade non se reivindica un só día, constrúese os 365 días do ano e nós loitamos por un Narón en igualdade todo o ano. Por iso reclamamos a construcción dun Centro de Información á muller, porque as mulleres de Narón teñen dereito a ter un lugar onde asesorarse e onde acudir en caso de violencia machista”, indicou.

Declaracións de Olaia Ledo.

Olaia Ledo quixo denunciar como, cada 8 de marzo, aprobamos no concello unha moción e poñémonos lazos lilas polo Día Internacional das Mulleres pero “non é suficiente se non hai un compromiso para que a igualdade exista o resto dos días do ano”. “non queremos que Narón sexa purplewashing”, indicou, “un lavado de imaxe nun día concreto e para iso temos que escoitarnos e traballar conxuntamente os 365 días do ano. Nós temos ideas que levamos ofrecendo estes últimos catro anos ao goberno e seguiremos para poder acadar un Narón máis xusto e igualitario”.

UNHA CAMPAÑA EN TODO O PAÍS:

Reivindicando que o feminismo ten que estar presente cada día e baixo o lema “imos estar aquí o 8M e os 365 días do ano”, o BNG presenta unha campaña viva, coa que reafirmar o seu compromiso feminista e denunciando as desigualdades que aínda existen no noso País.

Ao longo dos próximos 12 meses o MUPI escollido para situar a campaña narúa irá mudando a súa parte dinámica para incorporar unhanova proposta.“Cada mes haberá unha denuncia e unha alternativa, ao tempo que damos acoñecer as nosas propostas para construírunha sociedade máis xusta na queas mulleres sexamos verdadeiramente iguais” declarou Pontón.

Neste mes de marzo a denuncia céntrase na fenda salarial “porque as mulleres aínda soportamos teitos de vidro que impiden que poidamos exercer os nosos dereitos e cobramos 4.200 euros menos que os homes ao ano”, denunciou alíder do Bloque. Fronte a isto, a proposta comezará coa creación da Valedora da Igualdade, cuxa lei de creación se rexistrará hoxe mesmo no Parlamento. Trátase dun organismo autónomo cuxa finalidade é velar pola garantía dos dereitos das mulleres no sector privado, promovendo a igualdade e loitando contra a discriminación. Este organismo terá capacidade de impulsar sancións “porque hai moitos dereitos que a díade hoxe xa están recollidos na lexislación, no papel, pero non se están garantindo na realidade”, subliñou.

“Esta campaña non dura só o 8M, durará os 365 días do ano porque a desigualdade está aí e no BNG queremos que a igualdade non sexa unhautopía, senón unha realidade cara a que camiñemos máis rápido», concluíu.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …