Alumnos de centros de ensino de Narón participan nos “Obradoiros de regueifas”

Uns douscentos alumnos de primeiro a terceiro da ESO dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos e do CPI do Feal participaron nos Obradoiros de regueifas organizados polo Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística.

A edil responsable do mesmo, Mercedes Taibo, valorou o éxito desta convocatoria, “que rematou onte e na que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer xéneros como o trap, o rap e as pelexas de galos, que non relacionaban coa cultura galega”.

Taibo indicou que “a través destes obradoiros impartidos en febreiro buscamos familiarizar ao alumnado coa regueifa, un xénero de improvisación oral característico do patrimonio cultural galego, con moito enxeño e creatividade e co que promovemos o uso da lingua galega”

A edil naronesa agradeceu a implicación das persoas participantes e incidiu no feito de que lles chamou a atención “que en galego teñamos un xénero semellante ao rap, co que foron uns obradoiros moi dinámicos e ao tempo didácticos”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …