Este venres 3 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a presentación do 3° poemario de Luz Campello, a poeta de Labrada (Guitiriz) que pertence ó colectivo Nova Poesía Guitirica NPG
O acto está organizado polo Ateneo Ferrolán e a NPG Nova Poesía Guitirica e ademáis da autora participarán o presidente de honra do Clube de Prensa de Ferrol Germán Castro Tomé, a poeta e xornalista Eva Veiga e o crego Xaquín Campo Freire.
O poemario BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de «Do corazón da terra»(Xermolos) e «O inventario do prohibido» (Espiral Maior).
Luz Campello, responsable de Traballo Social no complexo hospitalário do CHUAC, é unha referencia polo seu compromiso feminista, que reflicte tamén na súa poesía, que foi musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.
Iniciouse na poesía a través de certames da AC Xermolos de Guitiriz, foi premiada no Certame Rosalía de Castro En Euskadi e tamén foi unha das fundadoras do colectivo Nova Poesía Guitirica