Axenda en Narón o 24 e o 25 de febreiro

Venres 24 de febreiro de 2023

Actividade: Teatro: “Adictos” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

As actrices Lola Herrera, Lola Baldrich e Ana Labordeta protagonizan esta obra de teatro, na que se aborda o tema da tecnoloxía e a súa influencia nas persoas. A través do texto reivindícase a capacidade de reacción do ser humano. As entradas teñen un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove e de estudante (ata 25 anos).

Sábado 25 de febreiro de 2023

Actividade: Conferencia do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental Hora: 11.00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O licenciado en INEF Camilo Rivas e o licenciado en CAFYDE Jorge Cabana participaran na segunda conferencia deste programa municipal, no que abordarán o tema: “Inflúe o que me movo na miña saúde mental?”. A entrada é libre ata completar o aforo.

Actividade: Lectura pública da obra de Rosalía de Castro Hora: 12.00 Lugar: Biblioteca municipal

A Biblioteca acollerá este acto, secundando a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para homenaxear á poetisa galega Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, un 23 de febreiro de 1837. A Muller do Ano de Narón no ano 2020, Julia Rodríguez, será a encargada de ler o manifesto do Día de Rosalía. Na lectura dos textos participarán a alcaldesa, Marián Ferreiro, a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e cidadanía en xeral.

Actividade: Teatro: “Adictos” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …