A corporación de Narón apoia a solicitude para dotar de beirarrúas a estrada DP-5404

No transcurso do pleno celebrado o xoves 24 de febreiro, saíu adiante unha declaración institucional de apoio á solicitude da veciñanza de Sedes e San Xiao para dotar de beirarrúas a estrada provincial DP-5404 (Xuvia a Valdoviño).

A veciñanza presentou un escrito a finais do pasado ano na Deputación da Coruña, titular da vía, solicitando beirarrúas pola perigosidade para o tránsito peonil polo citado vial e a corporación local entende tamén como necesaria esa petición, reivindicando que se constrúa como mínimo unha beirarrúa.

Os grupos municipais de TEGA, PSOE e BNG presentaron unha moción, respaldada tamén polos edís do PP, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, na que se manifesta o “firme compromiso do Concello de Narón coa defensa e o fomento da Igualdade entre homes e mulleres, non só o 8M senón todos os días do ano”.

Así mesmo, os grupos comprométense a apoiar todas as convocatorias feministas para conmemorar o 8 de Marzo, e a instar ó resto de administracións públicas a incrementar os recursos económicos para políticas de Igualdade.

A maiores, solicítaselle á Xunta a creación do Instituto Galego das Mulleres, dunha Unidade de saúde integral das mulleres e da Valedoría das Mulleres e un Plan de extensión dos servizos públicos en materia de coidados, entre outros puntos.

Na sesión aprobouse ademais o nomeamento da Muller do Ano 2023, cuxa identidade se desvelará no transcurso do programa de actos do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …