Continúa en Narón o ciclo de conferencias «A saúde mental é cousa de todos e todas»

O ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas” continuará este sábado, día 25 de febreiro, ás 11.00 horas, no salón de actos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

O licenciado en INEF, fisioterapeuta e director da clínica MASSALUD, Camilo Rivas, e o licenciado en CAFYDE e especialista en actividade física terapéutica, Jorge Cabana, serán os encargados da charla “Inflúe o que me movo na miña saúde mental?”

O Concello de Narón organizou este programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental, no que se enmarca esta convocatoria e na que, cada mes, se programan outras, abertas á participación da cidadanía en xeral, e que rematarán no mes de xuño.

As persoas que teñan algún tipo de doenza relacionada coa saúde mental e queiran participar como voluntarias poderán facelo a través do programa para compartir a súa experiencia participando en varios encontros para recoller información e compartila. Os interesados poden remitir un correo electrónico á dirección: info@paula-paz.com

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …