Axenda en Narón do 22 ó 25 de febreiro de 2023

Mércores 22 de febreiro de 2023

Actividade: Ciclo de Cine “Elas” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

O ciclo de cine “Elas”, organizado polo Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B remata coa proxección da película “Las niñas”, de Pilar Palomero. A entrada é de balde.

Xoves 23 de febreiro de 2023

Actividade: Obradoiro de Chapas de Rosalía de Castro Hora: 18.00 Lugar: Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro

O Concello organiza esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística para conmemorar o Día de Rosalía. Diríxese a menores de 3 a 6 anos que deben inscribirse previamente no correo: a.pita@naron.es . Osbmenores realizarán chapas da autora tras coñecer parte da súa vida e obra. 

Venres 24 de febreiro de 2023

Actividade: Teatro: “Adictos” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

As actrices Lola Herrera, Lola Baldrich e Ana Labordeta protagonizan esta obra de teatro, na que se aborda o tema da tecnoloxía e a súa influencia nas persoas. A través do texto reivindícase a capacidade de reacción do ser humano. As entradas teñen un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove e de estudante (ata 25 anos).

Sábado 25 de febreiro de 2023

Actividade: Lectura pública da obra de Rosalía de Castro Hora: 12.00 Lugar: Biblioteca municipal

A Biblioteca acollerá este acto, secundando a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para homenaxear á poetisa galega Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, un 23 de febreiro de 1837. A Muller do Ano de Narón no ano 2020, Julia Rodríguez, será a encargada de ler o manifesto do Día de Rosalía. Na lectura dos textos participarán a alcaldesa, Marián Ferreiro, a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e cidadanía en xeral.

Actividade: Conferencia do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental Hora: 17.00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O licenciado en INEF Camilo Rivas e o licenciado en CAFYDE Jorge Cabana participaran na segunda conferencia deste programa municipal, no que abordarán o tema: “Inflúe o que me movo na miña saúde mental?”. A entrada é libre ata completar o aforo.

Actividade: Teatro: “Adictos” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …