A alcaldesa de Narón reuniuse coa presidenta da asociación Alvixe

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu unha reunión programada coa Asociación para a Loita contra a Violencia de Xénero (Alvixe), á fronte da que está Beatriz Sestayo.

Na xuntaza participaron tamén a edil de Igualdade de Narón, Mar Gómez; a responsable do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo, e Ana Galego, Isabel Crespo e María Egea, integrantes da directiva de Alvixe.

No transcurso da xuntanza as representantes do goberno local e de Alvixe tiveron a oportunidade de intercambiar impresións sobre o traballo que se realiza tanto dende o Concello como dende a asociación para loitar contra a violencia de xénero. Así mesmo, abordouse a posibilidade de establecer novas vías de colaboración coas que continuar aunando esforzos e traballando para tratar de erradicar esta lacra social.

Ferreiro recordou parte do labor que dende o Consistorio se está realizando para loitar contra a violencia de xénero, traballando con diferentes colectivos como os centros de ensino con programas específicos e tamén con outras iniciativas como a posta en marcha do Punto Violeta de Narón, no que se ofrece información e asesoramento ás persoas que se acheguen ó mesmo, ó ter unha ubicación itinerante

Lea también

O BNG de Narón visita Lugo para integrar ideas de modelo de cidade no seu programa de goberno local 2027

Unha delegación do Consello Local do BNG de Narón, encabezada polo seu candidato á alcaldía, …