Luis Muíño inaugura o ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas”

O ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas” dará comezo este sábado 18 de febreiro, ás 11.00 horas, no salón de actos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O psicólogo, psicoterapeuta e escritor Luis Muíño será o encargado de inaugurar este ciclo, cunha charla sobre “Que é e que non é estar tolo?”. O Concello organizou a través da área de Sanidade, que preside o edil Santiago Galego, o programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental, no que se enmarca esta actividade e se programaron outras, abertas á participación da cidadanía en xeral, e que rematarán no mes de xuño

A prevención da depresión e outras doenzas e a mellora da saúde mental estarán moi presentes en todas estas iniciativas impulsadas dende o citado programa municipal. Así mesmo, dun xeito paralelo, as persoas que estean sufrindo ansiedade, depresión ou algún tipo de doenza relacionada coa saúde mental e queiran participar como voluntarios poderán facelo a través do programa.

En total, oito persoas de entre 18 e 70 anos poderán compartir a súa experiencia participando en tres ou catro encontros de dúas horas de duración cada un para recoller información e compartila. As persoas interesadas poden remitir un correo electrónico á dirección: info@paula-paz.com.

A segunda cita deste mes de febreiro será o día 25, tamén ás 11.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O licenciado en INEF e fisioterapeuta Camilo Rivas e o licendiado en Cafyde e especialista en actividade física terapéutica Jorge Cabana serán os encargados da charla “Inflúe o que me movo na miña saúde mental?”

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …