O BNG pide fin da cita previa no Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol reiterou esta maña ao alcalde da cidade, o socialista Ángel Mato, a solicitude para eliminar a cita previa obrigatoria e a mellora da atención presencial nos edificios e servizos municipais.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, afirmou que «é hora de atender as demandas veciñais, abrir as portas do Concello e dos edificios municipais á veciñanza que só buscan resolver trámites nesta administración. É inxustificábel que sigan existindo controis de acceso e limitacións á veciñanza en servizos municipais.«

O BNG lembra que estas deficiencias na atención á cidadanía, foron postas en coñecemento do goberno municipal. Mesmo hai acordos plenarios da corporación de Ferrol, impulsados polo BNG, pedindo o libre acceso a todas as instalacións municipais desde inicios de 2022 que se atopan coa resistencia do goberno local para darlle cumprimento integro.

Os nacionalistas lembran as últimas recomendacións do Defensor do Pobo quen dirixiu recomendacións ás administracións para que se corrixa e mellore o servizo de atención presencial evitando discriminacións coa cita previa. Iván Rivas agarda que estas advertencias do Defensor do Pobo «sirvan para que o goberno local rectifique e permita á cidadanía o libre acceso ás dependencias municipais

O BNG sinala que segue existindo un control de acceso à entrada do edificio municipal, o acceso a planta primeira do Concello só funciona previa cita e hai servizos municipais onde a cita previa ten semanas de espera.

Lea también

Ferrol adjudica la nueva línea de media tensión del complejo deportivo del pabellón de A Malata

El complejo deportivo del pabellón de A Malata lleva desde 2021 recibiendo electricidad mediante un …