Presentación en Narón dos libros “Gomets” e “Gomets II” e proxección de “Alcarrás”

A programación cultural desta semana inclúe dous actos que terán lugar este mércores, día 8 de febreiro, en instalacións municipais. Ás 18.30 horas presentaranse na planta soto da Biblioteca municipal os libros “Gomets” e “Gomets II, la casa de encuentros”, da autora naronesa María Isabel Cagiao Blanco.

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a encargada de presentar o acto será a tamén escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. As dúas obras están publicadas pola editorial Diversidad Literaria nos anos 2021 e 2022 e a autora avanzou que forman parte do que nun futuro será unha triloxía.

Así mesmo, o Pazo da Cultura acollerá unha nova proxección do ciclo de cine “Elas”, organizado polo Concello e o Cineclube Serie B en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia.

O citado mércores poderase ver, tal e como apuntou a edil de Cultura, Olga Ameneiro, a película “Alcarrás”, de Carla Simón. A que é a segunda película desta directora conta con once nominacións ós Premios Goya, cuxa gala se celebrará o vindeiro día 11 no Palacio Fibes de Sevilla, na que será a trixésimo sétima edición da festa do cine español.

A familia Solé, cultivadora de grandes extensións de melocotóns é a protagonista desta película. O ciclo de cine “Elas”, con entrada de balde e o inicio das proxeccións ás 20.00 horas, continuará o 15 de febreiro coa proxección de “Libertad”, de Clara Roquet e rematará o día 22 deste mes con “Las niñas”, de Pilar Palomero

Lea también

Exhibición de la Unidad Canina del Tercio Norte dentro de la IV Fiesta del Marisco de Ferrol

Además éste miércoles a la tarde habrá un Simulacro de Rescate Marítimo en el que …