Presentación en Valdoviño do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”

A biblioteca municipal de Valdoviño acolle este venres 10 de febreiro a presentación do libro «Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida».

Será a partir das 19 horas, aínda que unha hora antes, ás 18:00 horas, nenos e maiores poderán participar nun taller de xogos.

A publicación foi elaborada durante o confinamento polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, co ánimo de que os máis pequenos  puidesen acceder e desfrutar de propostas lúdicas en espazos reducidos e nun clima familiar.

Esas propostas que inicialmente se divulgaron a través da web www.xogostradicionais.gal, recolléronse posteriormente nesta obra editada pola Deputación de Lugo.

Recopila un total de 63 xogos tradicionais, ademais dunha guía de figuras de papiroflexia e outra para deseñar enredos e xoguetes feitos con tapóns de cortiza.

Dela falaranos este venres o escritor e investigador Antón Cortizas; Manuel Seixas, de Somos Enredos SL; Secundino G. Mera, do Museo Etnográfico da Capela, e Xabier L. García, do CEIP A Capela e do Centro de Interpretación Brinquedos.

Lea también

O Mercado das Pontes acolle unha degustación de productos da ría de Ferrol

O Mercado Municipal das Pontes acollerá este sábado 23 desde ás 11:00 ás 13:00 horas …