A naronesa María Isabel Cagiao presenta dúas novelas na biblioteca municipal

A escritora naronesa María Isabel Cagiao Branco presenta o vindeiro mércores, día 8, na biblioteca municipal de Narón os seus dous primeiros libros “Gomets” e “Gomets II, la casa de encuentros”.

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o acto se desenvolverá a partir das 18.30 horas na planta soto das citadas instalacións, con acceso libre ata completar a capacidade da sala.

A autora estará acompañada no acto, entre outros, pola tamén escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo, que se encargará de presentar esta convocatoria. “Gomets” foi a súa primeira novela e consta dunha parte real e outra ficticia, cunha temática centrada no amor e protagonizada por Bely, unha rapaza que medra na comarca nuns tempos de incertidume e que se transformará en Adela, trocando a súa personalidade.

As dúas obras foron publicadas pola editorial Diversidad Literaria en 2021 e 2022 e forman parte do que nun futuro próximo será unha triloxía. A autora destacou o éxito de acollida que están tendo entre o público lector, indicando que adoita identificarse con algún dos personaxes, co entorno e coa temática que se abordan.

Dende o Concello animouse ós veciños da cidade e tamén doutros concellos a acudir á presentación, para coñecer máis polo miúdo as obras de María Isabel Cagiao e tamén a súa experiencia como escritora.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …