A proxección da película “Cinco lobitos” abre hoxe mércores o ciclo de cine “Elas” no Pazo da Cultura, en Narón

O Pazo da Cultura acollerá este mércores, ás 20.00 horas, a primeira proxección do ciclo de cine “Elas”, organizado polo Concello en colaboración co Cineclube Serie B. “Cinco lobitos”, da directora Alauda Ruiz de Azúa, é a primeira película que se poderá ver, de balde, nesta edición do ciclo.

O filme tivo once nominacións aos Premios Goya, entre elas as de mellor película, dirección novel e guión orixinal e este ano gañou o premio á mellor película europea na “XV Gala dos premios Gaudí”, da Academia do Cine catalán.

“Cinco lobitos” conta a historia dunha muller que regresa ao pobo dos seus pais para criar ao seu fillo unha vez que a súa parella se ten que ausentar por motivos laborais. Ela compartirá cos seus pais as tarefas propias do coidado do menor.

As seguintes proxeccións deste ciclo de cine terán lugar o mércores 8, cando se poderá ver “Alcarrás”, de Carla Simón; “Libertad”, o 15 de febreiro, de
Clara Roquet e, por último, o 22 deste mes, “Las niñas”, de Pilar Palomero.

Neste ciclo colaboran tamén a Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …