Pontón presenta a Olaia Ledo como a candidata do BNG capaz de darlle a Narón un futuro mellor

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na presentación da candidata do BNG á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, da que destacou o seu firme compromiso na defenda dos intereses do concello, en particular no que se refire a servizos públicos e infraestruturas, cuxas carencias no municipio son notables, pese a tratarse do oitavo concello por poboación de toda Galiza.

“Olaia Ledo coñece ben este concello, quere a este concello e ten no seu haber un intenso traballo en defensa dos intereses da veciñanza, sempre coa man tendida, sempre dialógante, sempre combativa cando se trata de loitar por mellorar a vida dos veciños e das veciñas de Narón”, destacou na súa intervención.

E precisamente a ese obxectivo de darlle maior dinamismo económico e social ao concello responden as prioridades que defende a candidata do Bloque nos comicios municipais do 28M.

“Cando Olaia reclama que Narón teña unha residencia pública é porque defende o dereito a unha vellez digna das persoas maiores deste concello, fronte a un modelo do PP que fai negocio coa vellez; cando defende servizos públicos de calidade é porque quere un concello que prospere é ofreza calidade de vida: na sanidade, na atención a infancia, na dependencia, na educación”, explicou, “ou cando reclama investimentos nos centros educativos para o seu mantemento e actualización porque é o espazo no que se educa ós nenos e nenas e á mocidade”.

Pontón destacou tamén a defensa que a candidata fai do tecido económico local, do comercio de proximidade e das empresas asentadas no concello, moitas delas punteiras. “Porque dinamismo económico e sinónimo de dinamismo social e onde hai emprego de calidade hai oportunidades de prosperar e de avanzar”, recalcou.

A líder do Bloque puxo o foco igualmente noutra das prioridades da alternativa que defende a candidata á Alcaldía: ordenar e mellorar as infraestruturas de Narón. “Non é de recibo que un concello de case 40.000 habitantes soporte un servizo de tren obsoleto, sen liñas nin frecuencias suficientes para ser unha alternativa de transporte viable para a veciñanza”, indicou.

«A proposta que Ledo defende para Narón, afondou Pontón, aposta ademais por un desenvolvemento integral do concello, tanto no centro urbano como das parroquias do rural, que non poden seguir sendo discriminadas, nin poden quedar atrás”.

Servizos públicos de calidade, infraestruturas, promover o tecido económico local para xerar riqueza e emprego, mellorar as comunicacións, formaran parte das prioridades do BNG de cara a cita electoral do 28 de maio, sintetizou Pontón dase nun momento de extrema dificultade para a maioría socia, impactada pola crise de prezos.

“Somos conscientes das dificultades e dos grandes desafíos mais, nunca como agora, tivemos tan claro que o noso País precisa un cambio de rumbo e estou segura de que neste 2023 imos dar importantes pasos adiante para conseguilo, porque o BNG ten unha alternativa de País e sabe gobernar e demostrámolo cada día desde os concellos que lideramos”, explicou Pontón.

Gobernos municipais BNG, exemplos de xestión e transformación

“Os gobernos municipais do BNG son gobernos de calidade, eficacia, solvencia e capacidade de transformación para mellorar a vida das persoas. E ese é o mellor aval con que podemos presentarnos ás eleccións de maio, unha cita electoral na que saímos a por todas, sen poñernos límites nin en Narón nin en ningún oturo concello e, estou convencida, imos ser a forza política que máis suba con máis alcaldías, máis concelleiros e máis concelleiras”, concluíu.

Pola súa parte, a candidata a Alcaldía, Olaia Ledo, destacou o enorme potencial que ten Narón, incluíndo a positiva evolución demográfica, a capacidade para xerar emprego apostando por revitalizar os seus polígonos industriais, así como as grandes posibilidades que ofrece tamén o rural do municipio, “con capacidade para producir case de todo”, indicou.

Un goberno que escoite á veciñanza

Nestes catro anos traballamos a favor dos servizos públicos, para crear benestar social, para que o concello funcionase, con propostas realistas e en positivo, para ter un concello ao servizo da veciñanza. Narón precisa un  goberno que escoite  con humildade e  que  sexa  valente  para  levar  os  cambios  que  se  precisan, para falar de Narón en todas as administracións, para incidir”, destacou a candidata nacionalista.

“Desde o BNG reclamamos plans directores en todos os barrios, integrar o rural  e urbano,  un proxecto  factíbel  de transporte  público,  acordos  con  taxis  para o transporte no rural, que o concello se implique para termos un 100% de fibra óptica e para que todas as  veciñas e  veciños  teñan  os  mesmos  dereitos  con independencida de en que parte do concello residan”, recalcou Ledo, quen tamén destacou a importancia de poñer en valor o espazo público, como por exemplo creando sendas fluviais adaptadas.

En materia de igualdade e loita contra a violencia machista, a candidata propón un CIM no centro urbano, traballamos para evitar desafiuzamentos, por un Narón máis xusto e integrador para as persoas con distintas capacidades. Igualmente, o BNG representa unha alternativa que aposta pola cultura, polo deporte de base, que apoia e promove o tecido asociativo. “Queremos un concello con luz propia, un concello orgulloso do que é para vivir e para gozar”, conclúiu Ledo, convencida de que o BNG vai ter un resultado histórico no concello de Narón.

Lea también

O “36º Rally Cidade de Narón” terá lugar os días 25 e 26 de maio

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, asistiu este xoves 11 xunto cos edís de …