Apertura do prazo de inscrición en Narón nos obradoiros “Descúbrete” e “Axuda o teu corpo”

A concelleira de Igualdade, do Concello de NarónMar Gómez, e o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciaron este mércores, día 11 de xaneiro, a apertura do prazo de inscrición nos obradoiros “Descúbrete” e “Axuda o teu corpo”, enmarcados nos programas municipais das súas respectivas áreas de Igualdade e Sanidade.

Mar Gómez informou que o obradoiro “Descúbrete”, dirixido a mulleres maiores de 50 anos empadroadas en Narón, ten como obxectivo fundamental acadar un maior benestar bio-psico-social e aprender o necesario para mantelo de xeito autónomo así como adquirir novas habilidades para valorarse a sí mesmas.

Obxectivos específicos do programa son propiciar a creación dunha rede social de apoio, un espazo de aprendizaxe emocial como forma de acadar un maior benestar físico e psíquico, dotar ás persoas beneficiarias de ferramentas para o autocoidado emocional e cambio de perspectivas ante diferentes situacións da vida. Tamén incidirá na facilitación dun espazo distendido onde divertirse, compartir e facer novas amizades na busca do benestar psicosocial.

A actividade propiciará un tempo de desconexión da rutina diaria onde lograr conectar con outras persoas e outras circunstancias que axuden a renovar a enerxía vital e acadar unha visión máis positiva sobre sí mesmas. As datas de celebración previstas será de xaneiro a xuño de 2023, terán lugar nun centro cívico social ou centro comunitario.

O número de plazas, será de 30 en total, a forma de selección das persoas participantes será por orde de entrada no Rexistro, e serán divididas en tres grupos cos seguintes horarios: Grupo 1: martes de 10.00 a 12.00 horas, Grupo 2: martes de 16.30 a 18.30 horas, e Grupo 3: mércores de 16.30 a 18.30 horas.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

Santiago Galego informou que a actividade “Axuda o teu corpo” está dirixido a persoas maiores de 18 anos diagnosticadas cunha doenza crónica que queiran facer exercicio adaptado para axudar ó seu corpo a levar mellor os procesos de enfermidade, así como compartir e relacionarse a nivel social, traballar as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional.

Unha abordaxe bio-psico-social que as leve a acadar un maior benestar en todos os ámbitos. As datas de celebración irán desde o mes de xaneiro ata xuño de 2023, ambos inclusive. Serán impartidos no Centro cívico social de Xuvia e no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

O número de plazas, cubertas por rigoroso orde de rexistro, será de 20 en total e divididas en dous grupos cos seguintes horarios: Grupo I: luns e venres de 10.00 a 11.30 horas e Grupo II: martes e venres de 16.30 a 18.00 horas.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …