Apertura en Narón do prazo de inscrición no programa municipal “Impúlsate”

A responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición no programa Impúlsate, dirixido a alumnado de centros educativos de Narón que cursa ESO ou FPBI derivados polo Servizo Sociocomunitario e que conviven en fogares vulnerables.

O prazo para anotarse permanecerá aberto dende este martes, día 10 de xaneiro, ata que se esgoten as 16 vacantes dispoñibles, debendo tramitar as inscricións, de balde, a través do Rexistro municipal, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas, tal e como indicou Taibo.

As sesións, que se desenvolverán dende este mes ata o de maio, impartiranse nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara, en dúas quendas, os mércores de 16.00 a 18.00 ou de 18.00 a 20.00 horas. Apoio escolar, activación saudable, actividades de lecer e tempo libre, educación e habilidades sociais e apoio, orientación e intervención familiar son os contidos que se abordarán nas sesións.

“A finalidade desta convocatoria é ofrecer un apoio a eses menores que teñen dificultades para acadar o éxito escolar e, ó mesmo tempo, facilitarlles que poidan mellorar en materia de habilidades sociais”, apuntou

Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111, 1108 e 1109)

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …