Máis de 250 menores en Narón participaron no proxecto de dinamización “Casa Aberta”

Un total de 256 persoas participaron o pasado ano no proxecto de dinamización da Casa da Mocidade “Casa Aberta” en Narón

Menores de 12 a 16 anos implicáronse nesta iniciativa de socialización en torno ó xogo que deu comezo o 18 de novembro e rematou o 29 de decembro, os venres e sábados en horario de tarde

Obradoiros de debuxo, pintura, impresión 3D, reciclaxe textil, danza urbana, escape room, videofórum, tenis de mesa, zonas de xogos de mesa e de lectura xuvenil, futbolín e diana comunitaria foron algunhas das propostas que se levaron a cabo durante este programa, impulsado a través da Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz.

“Dende o Concello tratamos de dar resposta ás demandas que nos plantexou o colectivo de rapaces en espazos de participación e tamén de poñer en marcha unha oferta de ocio específica para eles co fin de fomentar a adquisición de habelencias, recursos persoais, fomentar as relacións entre iguais…” explicou Mauriz.

O edil naronés asegurou que “estamos moi satisfeitos coa boa acollida deste proxecto de dinamización municipal que se levou a cabo na Casa da Mocidade, un espazo pensado para os rapaces de Narón e que ofrece moitas outras propostas ó longo do ano”.

Lea también

Os bombeiros do SPEIS de Narón recibiron formación sobre cisternas de GNL

Os Bombeiros de Narón recibiron esta semana unha formación sobre cisternas de GNL (gas natural …