Entrega dos diplomas da segunda edición do programa “Adiante Narón II”

O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Narón, David Pita, entregou a pasada semana os diplomas da segunda edición do programa “Adiante Narón II”, no que participaron un total de quince persoas.

O acto tivo lugar ás 9.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron algúns dos alumnos do curso. A través deste programa apóstase por potenciar iniciativas emprendedoras e de autoemprego como alternativa ás opcións do actual mercado laboral.

O programa dividiuse en catro bloques: Detección de oportunidades e piares do proxecto; Estratexia e dirección comercial; Análise de viabilidade e proxeccións económico financieiras e aspectos legais.

As sesións, impartidas por profesionais nestas áreas, comezaron o pasado mes de novembro no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e remataron este mes de decembro.

Rematada a primeira edición do programa formativo realizouse un seguemento para acadar os obxectivos marcados e desenvolvéronse unha serie de actividades para dar apoio ós emprendedores, que elixiron en cada caso a materia ou área de negocio a tratar en cada sesión.

Pita felicitou ós participantes neste programa municipal e desexoulles sorte no futuro dos seus proxectos, destacando a importancia “de que xente como vós aposte polo emprendemento e por levar a cabo un proxecto propio”

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …