O BNG de Narón pide a retirada do III plan de igualdade

 

O BNG de Narón considera que o III plan de igualdade «chega moi tarde nesta lexislatura e condiciona a vindeira». Ademais, reclaman «máis transparencia no proceso do que descoñecen as conclusións».

Consideran o Plan presentado como «un punto de inicio para elaborar unha estratexia válida e concluínte peero no que falta información que pediron por rexistro e aínda non lles foi facilitada a dous días do pleno».

Afirman que, «de facelo agora, é para simple propaganda e non para loitar pola igualdade real no concello de Narón»

O BNG de Narón entende que «o plan de igualdade ten que ser unha ferramenta transversal en todas as áreas. Unha ferramenta que valga para avanzar na igualdade real. Desde o goberno municipal de Narón, o III plan, aínda de non seren aprobado e non existir de facto, leva aparecendo como logo na cartelería e campañas realizadas nesta lexislatura “unha anomalía máis” afirman desde o grupo nacionalista “houbo un proceso de participación pública no que o BNG fixo dez propostas e COGAMI unha»

«O problema é que nin sequera sabemos no plan presentado se se utilizaron pero é que nin se querea a concelleira da área sabe se se utilizaron. Neste plan presentado hai unha páxina na que se fala da violencia contra a muller pero non hai conclusións e só información no que se afirma que o CIM de Ferrol non vale para unha análise real da situación naronesa»

E se preguntan: «por qué logo non apostamos por un CIM para a octava poboación galega? Ademais, faise referencia no plan a táboas ou enquisas que descoñecemos. É como se estivera incompleto ou como non quixeran darnos máis información das reunións ou de como se elaborou.” afirma Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón

“Durante todas esta lexislatura o goberno actual tivo como asignatura pendente a temática de igualdade, se ben desde a concellería de ensino houbo traballo, desde igualdade sempre sobrou orzamento e nunca se consensuou ou se tentou avanzar nesta materia tan importante para as persoas que vivimos en Narón” declara Ledo.

Desde o BNG denuncian «a falta total de transparencia». Informan as nacionalistas que «no plan se fan referencia a táboas e enquisas que non aparecen no Plan presentado ó resto de grupos, hai procesos realizados no 2021  ue aparecen como do 2022 e, despois de pedir en comisión e por rexistro a información técnica á que se fai referencia, a dous días do pleno aínda non se facilitou o que impide poder aportar ou propoñer desde o BNG ó plan que se presenta»

Por todo isto consideran «o uso agora só propagandístico antes dunhas eleccións. Un exemplo é que están mal algunhas datas ou que se fagan propostas pero ningunha en firme da aprobación deste terceiro plan»

No BNG somos feministas e entendemos que fan falla máis recursos, máis transparencia e facer traballar todos os axentes. O persoal técnico cumpriu coa análise máis, unha vez máis, a parte política do goberno de Narón non fai nada só propaganda. Nun tema no que está en xogo a liberdade da metade da poboación é grave e non podemos calar” declara Marta Grandal, responsable da Comisión de Igualdade do BNG de Narón.

Se adxunta o audio da petición do BNG de Narón da retirada do III plan de igualdade

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …