O BNG de Narón presenta unha moción para o seu debate en pleno solicitando a ampliación do número de prazas na piscina terapéutica «xa que o tempo de espera está sendo dun ano nun servizo necesario para a saúde coma este»
Narón ofrece desde o ano 2009 un servizo de piscina terapéutica no Pavillón da Gándara con programas de rehabilitación, sesións para persoas con discapacidade, e ximnasia acuática. No ano 2019 ofrecíase este servizo a 179 persoas, 10 persoas por quenda (aforo máximo do vaso terapéutico) «e xa naquel momento había 60 persoas en lista de espera»
«Anuncia nese ano o concello a construción doutra piscina terapéutica na parcela do antigo cuartel da Garda Civil, en Xuvia, dentro dun centro comunitario que incluía fisioterapia, ximnasio, local social e cafetería». «Tres anos despois non existe este centro e a lista de espera para entrar nos cursos da piscina terapéutica é dun ano»
Desde o BNG de Narón solicitan ó goberno municipal «o incremento do número de prazas nos cursos de rehabilitación “as persoas que asisten a estes cursos de rehabilitación na auga é por problemas de saúde polo que non é fácil que ninguén abandone, entón o número de persoas en lista de espera seguirá aumentando e o tempo de espera tamén, en lugar de disminuír”, indica Marta Grandal, responsable local
“Pedímoslle ó goberno municipal que estude a posibilidade de aumentar estes cursos hacendo uso da piscina grande para a realización dos mesmo, así aumentarían o número de prazas, e que se inicien os trámites para a licitación dunha segunda piscina terapéutica en terreos municipais, algo que anunciaron xa hai 3 anos e do que aínda non temos noticias” indica Olaia Ledo, portavoz municipal.