Impresións do BNG de Narón con motivo da finalización das obras do muíño de Xuvia

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa as súas impresións «dun día importante para esta comarca con fin (nunha primeira fase) das obras do muíño de Xuvia»

O BNG de Narón manifesta que este xoves 21 de decembro «foi un día importante porque se dan por finalizadas as obras de rehabilitación do edificio do muíño no que o BNG, a través da área de Cultura da Deputación da Coruña ten participado investindo máis de 400.000 euros».

«Agora esperamos con ganas a musealización e unha nova licitación para que se poida ver funcionar o muíño nas moendas para tal fin. Concluíuse un traballo de moitos anos e no que non só gaña Narón se non toda unha comarca e Galicia que recuperan o que foi o muíño meirande do país e que forneceu de fariña o gran Ferrol da ilustración»

Se incluen as declaración de Olaia Ledo, portavoz do BNG de Narón 

 

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …