Cortes de tráfico este xoves en Santa Icía, Narón

O concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Narón, Román Romero, informou que na xornada deste xoves, día 22 de decembro haberá cortes de tráfico, establecéndose un paso alternativo, na avenida de Santa Icía a partir das 9.00 horas.

O motivo é a execución dos traballos de aglomerado do tramo de vial comprendido entre as inmediacións do pavillón Campo da Serra e a rúa Finca Federico.

Así mesmo, dende o citado xoves ás 9.00 horas se cortará ó tráfico rodado as rúas San Carlos, Estación e María Mariño, ata o remate das obras de aglomerado previstas na zona. Dende o Concello solicitan de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …