O BNG de Narón presenta unha moción para a dotación de fondos da Xunta en relación coas axudas á produción ecolóxica

O BNG de Narón presenta unha moción a pleno para «a dotación de fondos da Xunta de Galicia en relación coas axudas á produción ecolóxica de desenvolvemento rural da Política Agraria Común (PAC

A PAC pivota entorno a medidas de sostibilidade e a prol de melloras medioambientais e de loita contra o cambio climático, dentro das cales ten como obxectivo acadar para a produción ecolóxica un 25 % da Superficie Agraria Útil dos 27 estados membros da UE para o 2030, cousa que preocupa ó BNG «xa que en Galiza andamos arredor do 5 % e non vai ser doado acadar o 25 % a este ritmo»

«Dentro deste contexto a Xunta de Galicia promocionou activamente o paso das producións convencionais a ecolóxicas ata o punto de abrir unha convocatoria durante o 2022 con un abondoso éxito». «O pero está nos puntos de priorización establecidos para as axudas que deixaron fóra boa parte das pequenas granxas de leite e de pequenos produtores de horta e de carne de vacún, ovino ou cabrún, a falta de orzamento para o resto, polo que se fai incomprensible que a Consellería non poña os recursos económicos suficientes para dar satisfacción ás necesidades do sector»

“O Agro Galego adoece dunha falta de planificación que aborde modificacións estruturais profundas que le permitan facer fronte ás circunstancias actuais da suba de prezos, escaseza de insumos, debilidade dos circuitos de comercialización con pagos por baixo dos custes de produción…”, comenta Olaia Ledo.

Desde o BNG «instamos, a través dunha moción que será debatida en pleno, ó Goberno da Xunta a completar con fondos propios a cantidade orzada para a orde de axudas do 2022 e fornecer economicamente o orzamento de axudas do período 2023-2027»

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …