Os Poboados de Nadal de Narón abren as súas portas na praza da Gándara

A programación deseñada para o Nadal na cidade de Narón continuará desenvolvéndose esta semana con novas propostas.

Na tarde dese luns, día 19, abriron as súas portas os Poboados de Nadal, que poden visitarse ata o 4 de xaneiro, excepto os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas. En total instaláronse unha decena de postos, tres para establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón e poderase adquirir bisutería, artículos de coiro e macramé, mel, velas aromáticas, adornos de Nadal, roupa, produtos de alimentación artesá…

Dun xeito paralelo, a praza da Gándara acollerá numerosas actividades esta semana a partir das 17.30 horas. Este luns, día 19 decembro queda suspendido debido ás condicións meteorolóxicas o obradoiro de maquillaxe infantil (pintacaras), estando prevista para este martes 20 a actuación do alumnado da Escola de Zanfona do Padroado, ás 17.30 horas, e visitarán a praza dous personaxes de Disney, Minnie e Mickey Mouse, 17.30 a 20.00; o mércores haberá un concerto da Escola de Pandeireta e Canto do Padroado da Cultura;

Este xoves 22 actuará a Escola de Bailes Tradicionais do Padroado da Cultura ás 17.30 horas e terá lugar un concerto de A Banda do Garaxe ás 18.30 horas, o venres 23, actuará Xemelgas ás 17.30.

A programación retomarase o día 26 para continuar ata o 30 de decembro na citada ubicación. Así mesmo, a colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón permitiu poñer un ano máis en marcha o tradicional Navitrén, que o pasado sábado 17 iniciou as rutas matinais e de tarde cara a Xuvia e a zona da Gándara.

Ata o día 23 e do 26 ao 30 deste mes continuarán as viaxes, con saídas das inmediacións do Consistorio ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas. Os tickets para as viaxes entréganse nos establecementos comerciais da ACN por realizar compras ou poden adquirirse ao prezo dun euro na caseta instalada nas proximidades do Concello, á altura da Casa da Cultura.

A programación inclúe a maiores unha actividade do programa Apego, de socialización de nenos en galego, que terá lugar este martes 20, ás 19.00 horas. “Contos maimiños”, de Migallas Teatro, é a proposta que se desenvolverá no Centro Cívico Social do Alto, para cuxa asistencia é precisa inscrición previa a través do correo: a.pita@naron.es.

O mércores 21 haberá outra proposta organizada conxuntamente polo Concello e a Rede de Normalización Lingüística, “Son no berce”, de A Cova das Letras. Neste caso con dous pases, ás 18.00 e ás 18.30 horas no Centro Cívico Social do Couto e tamén con inscrición previa no anterior correo.

Na xornada do venres haberá un novo obradoiro do programa Casa Aberta que terá lugar na Casa da Mocidade, na Gándara. Será de 17.30 a 20.30 sobre Cultura xaponesa e para participar é preciso anotarse, de balde, na Casa da Mocidade o venres ou sábado ou por mensaxe directo de Facebook ou Instagram @acasaabertanaron

O venres 23 de decembro terá lugar unha nova proposta musical na praza de Galicia, con entrada de balde ata completar a capacidade do recinto. “Rock Narón” regresa á cidade ás 20.00 horas cos concertos do grupo infantil de rock Keepers, Black Yack, Novoplan, Sintrom Ni Son, Gin Toni´s e Broken Peach.

Tamén o venres se programou un evento deportivo relacionado co Nadal, “Xogando con Futgal”. O Consistorio, a Real Federación Galega de Fútbol e a Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo organizan este evento deportivo dirixido a menores de 6 a 11 anos e que terá lugar de 9.30 a 20.30 horas no pavillón polideportivo da Gándara.

Trátase dunha actividade recreativa e formativa de promoción do fútbol sala impulsada pola RFGF e require inscrición previa nas oficinas do Padroado de Deportes de Narón, no Complexo polideportivo municipal da Gándara.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …