Narón acolle unha xornada sobre benestar animal e colonias felinas urbanas

O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciou a celebración, este domingo, día 18 de decembro, dunhas “Xornadas sobre benestar animal e colonias felinas urbanas”.

As persoas que o desexen poderán acudir á convocatoria, que terá lugar na praza de Galicia de 10.00 a 12.30 horas. Galego participará na convocatoria xunto con persoal do refuxio de animais de Mougá, das asociacións Naróncan e Cometa, e alimentadores das colonias felinas urbanas, tal e como avanzou.

No transcurso da convocatoria repartiranse dispensadores de bolsas de recollida de heces das mascotas.

Lea también

Narón recibe os policías estranxeiros de intercambio no marco do proxecto “Comisarías Europeas”

O Concello de Narón acolleu a visita institucional dos dous policías estranxeiros que participan no …