Reparto en Narón de 1.000 calendarios de sobremesa ilustrados

Os calendarios de sobremesa con doce imaxes da cidade de Narón xa se poden recoller no Concello.

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que se editaron 1.000 exemplares que están xa a disposición das persoas interesadas no Punto de Información do Concello, na planta baixa.

O calendario, ó igual que en anos anteriores, dispón dos teléfonos de interese do Concello. A rotonda de Freixeiro, a Costa Ártabra, o edificio do Concello, o paseo de Xuvia e algúns eventos deste ano como a Marcha Ciclista e as 21 Leguas forman parte, entre outros, das imaxes seleccionadas para o novo calendario.

A concelleira de Turismo animou ós veciños que o desexen a que se acheguen ó Concello para coller algún destes calendarios de sobremesa cos que se ilustran os doce meses do vindeiro ano.

Lea también

Narón estrea canle de difusión en WhatsApp para achegar información municipal á veciñanza

O Concello de Narón vén de activar unha canle de difusión en WhatsApp coa finalidade …