Concentración ante o Concello de Narón en repulsa do asasinato dunha muller en Lugo

O Concello de Narón convocou este xoves, día 1 de decembro, unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 42 anos, Cristina Cabo Buján, en Lugo, a mans dun home de 30 anos, xa detido e que confesou ser o autor das coiteladas que acabaron coa vida da vítima deste crime.

O alcalde accidental, Manuel Ramos, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”

Ramos agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …