Un grupo de escolares de sexto curso de Infantil do CEIP A Gándara visitou este martes, día 29 de novembro o Concello de Narón no marco do programa municipal “Itinerarios didácticos”.
Persoal docente acompañou ós menores, xunto cun explorador e a abella “Nara”, mentres visitaron varias dependencias da casa consistorial e realizaron actividades propias deste programa. Unha das citas da convocatoria leva ó alumnado ó salón de plenos, donde ven o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación adaptada á súa idade sobre a historia da cidade.
Posteriormente nese mesmo espazo reciben a visita da alcaldesa, Marián Ferreiro, que resposta ás inxeniosas preguntas e curiosidades que formulan desde os espazos que ocupan os concelleiros da corporación local.
A actividade forma parte do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, cun apartado de Coñecemento do Concello que organiza estes Itinerarios didácticos no Concello. Antes de dar por rematada a súa visita ó Concello os escolares realizaron unha fotogradía de grupo coa rexedora local e tamén outra no photocall “Ti es a abella Nara”