O Concello de Narón organiza a Feira Captación do Talento

O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou este venres, día 18 de novembro, a Feira Captación do Talento que terá lugar no Pavillón Campo da Serra os días 25 e 26 de novembro en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Galego manifestou que o obxectivo fundamental desta Feira é “Crear un espazo de punto de encontro onde o sector empresarial da comarca poida expoñer as necesidades e perfís profesionais que demandan, e á súa vez, as persoas interesadas presenten a súa formación e experiencia profesional buscando o resultado final de creación de emprego, así como dar a coñecer e consolidar os novos perfís profesionais que tanto as novas formas de comercialización como de mercados están a demandar no sector. Todo isto enmarcado nunha boa organización e posicionamento nas redes sociais”.

No transcurso da Feira desenvolveránse dúas ponencias. O venres 25 “Narón presente e futuro: as persoas optimistas son persoas realistas” que analizará a motivación como motor que activa o desenvolvemento do talento e as variables a ter en conta no proceso.

O sábado 26 “Captar talento persoal para integrar nas competencias laborais que actualmente necesita o tecido empresarial”, dando a coñecer as claves que vinculan o talento persoal coas competencias laborais que demandan e necesitan as empresas.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …