O persoal que atende os comedores que a multinacional INDITEX posue nas súas instalacións no Polígono do Pozo en Narón tomaron esta decisión en asemblea celebrada o pasado día 10 de novembro
«Este persoal está a padecer unha grave situación pola falta de persoal na plantilla do centro e o exceso de carga de traballo que elo conleva. Unha carga de traballo excesiva da que deriva un sobreesforzo inaceptábel para as persoas traballadoras»
«A tentativa de buscarlle a maior rendabilidade ó servizo por parte da empresa está a tentarse pagar coa saúde do persoal traballador, algo que a plantilla está disposta a combatir de xeito decidido»
«Esta convocatória de folga que afecta à totalidade dos traballadores do centro arrincará o vindeiro mércores 23 de novembro, e continuará os días 30 de novembro e 14 e 21 de decembro»
«A folga que terá carácter parcial desenvolverase desde as 12.00 horas até as 15:00 horas»
«A pesares do esforzo realizado pola representación sindical, as conversas coa empresa para solventar o conflicto non deron froito algun, todo elo, aínda que a representación do persoal realizou distintas propostas para solventar o conflito xerado»
«O persoal ampliará os días de folga no caso de que non se chegue a unha solución acordada que derive en que o persoal que preste servizos sexa dabondo como para poder realizalo de xeito seguro para a súa saúde»