Enmarcado na actividade desenvolvida polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón, ponse en marcha un novo programa de carácter formativo e divulgativo relacionado coas emerxencias e a autoprotección dirixido a alumnado de quinto curso de educación primaria dos colexios da cidade.
O programa, que leva por título “Experimentando co lume”, é froito da experiencia derivada do taller de loita contra incendios e será impartido polo técnico en prevención do Concello de Narón, Daniel Lorenzo.
Durante o taller proporanse tres experimentos relacionados con situacións relativamente cotiás e que se poden adaptar en función do espazo dispoñible. O primeiro centro de ensino que participou nestos talleres foi o CEIP Ponte de Xuvia na xornada de onte, cunha vintena de alumnos
Nas seguintes datas os talleres se desenvolverán no CPR Ayala o venres 11 de novembro, no CPI O Feal o martes 15 de novembro, no CEIP de Piñeiros o xoves 17 de novembro, no CPR Jorge Juan o luns 21 de novembro, no CPR Santiago Apóstol o mércores 22 de novembro, no CEIP A Gándara o xoves 1 de decembro, no CEIP Virxe do Mar o venres 2 de decembro, no CEIP A Solaina o luns 12 de decembro e no CRA de Narón, O Val, mércores 14 de decembro, neste caso para escolares de 4º curso.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, agradeceu a colaboración dos centros de ensino nestas propostas que se achegan desde a Administración local co obxectivo de facilitar o coñecemento dos temas de prevención desde unha óptica didáctica nas etapas escolares.