Obradoiro de defensa persoal para mulleres, Narón

A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, anunciou a apertura do prazo de inscricion este xoves, día 3 de novembro, nun obradoiro de defensa persoal para mulleres.

Trátase dunha actividade de balde, enmarcada no «III Plan de Igualdade de Narón» e dirixido a mulleres e nenas a partir de 12 anos empadroadas no Concello de Narón, tal e como indicou a edil.

As menores de idade deberán ir acompañadas dunha muller adulta. O instructor policial PSDI e experto en defensa persoal José Rodríguez e a doutora en psicoloxía Madó González serán os encargados de impartir este obradoiro, indicou Gómez.

As sesións impartiranse o 12 e o 19 deste mes no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 10.00 a 13.00 horas. As inscricións poden tramitarse ata o 9 de novembro de 8.00 a 14.00 horas chamando ó número de teléfono 633 497 990. Gómez animou ás mulleres ás que se dirixe a acudir a esta convocatoria, «impartida por grandes profesionais na materia e que ofrecerá a posibilidade de adquirir uns coñecementos básicos de defensa persoal».

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …