O BNG de Narón volta preguntar no pleno sobre a inauguración do muíño de Xuvia

O BNG de Narón anuncia a través dun comunicado que «O concello de Narón responde no pleno do mes do outubro ás preguntas do BNG que prepara “unha simulación” para que se vexa mover as moendas cando innauguren o Muíño de Xuvia pero «sen que funcionen normalmente os rodicios por  mor da acumulación de lodos». «O concello finalmente confirma, tamén, que se realizará unha nova licitación, sen data polo momento, para activar as moendas do muíño de Xuvia»

O grupo municipal do BNG denunciou en xullo «que non se incluían as obras de limpeza de lodos no muíño de Xuvia e que iso imposibilitaba o normal funcionamento do muíño. O concello declarou nese momento que “as obras se prolongarían ata setembro e conseguiría que o muíño funcionase»

“O tempo pon a cada quen no seu lugar” declara Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón. Desde o BNG denunciaron o verán pasado que «non se xestionara con Augas de Galicia a retirada de lodos que impedían a entrada de auga e que se activase o mecanismo dos rodicios». «Para elo pediron desde aquela unha nova licitación e que non innaugurasen o muíño sen poder funcionar como tal queren de cara a galería facer un paripé para que ese día se mova facendo obras que non corresponde ó muíño orixinal» declara Grandal.

Agora, no pleno do mes de outubro «despois de preguntar e rogar con anterioridade para que se fixese unha nova licitación que permitise que as catro moendas se moveran como orixinalmente a alcaldesa confirma a través dunha pregunta da portavoz do BNG, Olaia Ledo o seguinte»: “estase barallando un novo proxecto para retirar residuos sólidos (…) pero si se vai cometer unha entrada de auga de maneira expositiva (…)”

“Preocúpanos que unha obra importante e que vai albergar o primeiro museo de Narón, con fondos EDUSI e unha cantidade importante posta pola Deputación da Coruña, non estea garantido hoxe de que vaia estar restaurada como o que foi no seu momento, o muíño de moenda máis importante da Península Ibérica” declara Olaia Ledo, portavoz municpal do BNG

 

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …