Cortes en Narón no subministro de auga o vindeiro mércores en varias rúas

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou dun novo corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma o vindeiro mércores, día 2 de novembro, entre as 9.00 e as 14.00 horas en varias rúas da cidade de Narón.

A medida responde á necesidade de reparar unha avaría detectada na zona. O edil indicou que se verán afectadas polos cortes no subministro a estrada de Castela do número 1 ó 11-13, e as rúas Mestre Mateo, Ponte das Cabras, Illas Sisargas, Illa Tambo, Illa da Toxa, Illa Cortegada, Illas Cíes, Illa de Ons e Illa Sálvora.

Lea también

Narón recibe do CPR Jorge Juan os carballos plantados polo alumnado de 1º da ESO

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou as instalacións do …