O BNG de Narón leva a pleno unha moción para solicitar a adquisión do antigo colexio de Chamorro

O BNG de Narón insta ó Goberno municipal a que «inicie as conversas pertinentes coa Asociación Nosa Señora de Chamorro para a adquisición desta vivienda histórica e que ocupa un espazo central no concello»

O BNG reclama que o Goberno municipal inicie as conversas pertinentes coa Asociación de Chamorro «para a adquisición do antigo colexio, sito na estrada de Castela, co compromiso da Asociación de que destine o importe da venta a necesidades da mesma». «A vivenda ten un valor patrimonial que debera ser conservado e os seus xardíns aparecen recollidos como zonas verdes a ter en conta no novo PMUS aprobado»

Na exposición de motivos falan de que «a vivenda pode ter un uso social e ser un edificio administrativo de referencia municipal» “para nós sería ideal para a creación dun CIM (centro de información á muller) pero o que si temos claro que é cuestión de vontade política manter unha vivenda e darlle uso público para os veciños de Narón. Ademais non esquezamos que a obra é dunha asociación que fai un traballo importantísimo hoxe na parroquia do Val con persoas chegadas das tres comarcas” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

«A Casa de Chamorro é un edificio histórico do ano 1931 que forma parte do patrimonio de Narón», “un patrimonio importante que temos que poñer en valor porque coidándoo tamén poñemos en valor á veciñanza de Narón”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal

“A situación desta casa cunha ampla finca é central e pode valer de conexión entre os barrios urbanos de O Alto, A Solaina e a Gándara e que os seus xardíns valgan de parques onde poder gozar do espazo público. Ademais, o propio edificio valería para poder externalizar servizos municipais e porque non servizos sociais dada a súa centralidade e construción”, incide Ledo.

Adxúntase as declaración da portavoz municipal del BNG de Narón, Olaia Ledo

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …