Axenda en Narón desta «finde»

Sábado 22 de outubro de 2022

Actividade: “Día Internacional das Bibliotecas” Hora: De 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 Lugar: praza de Galicia

O Concello de Narón organiza o evento na praza de Galicia, donde a partir das 11.30 horas se poderá ver o espectáculo de narración oral e monicreques “Os tres osos”, de Bea Campos e ás 12.30 o contacontos “A grandeza do pequeno”, de Iseo a Moura.

Pola tarde retomarase a programación ás 17.00 horas, co obradoiro “Querida poeta”, de María Lado e ás 18.30 poderase ver a peza de teatro cómico “A máquina do tempo”, de Teatro Ghazafelhos. Haberá tamén un espazo reservado para amosar publicacións da Biblioteca municipal e informar sobre os servizos que se prestan no centro.

Actividade: “Os amos do mundo” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Bucanero Teatro trae ao Pazo este espectáculo protagonizado por Pedro Picos e Xosé Bonome. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 23 de outubro de 2022

Actividade: “XXI Feira do mel e sector primario” Hora: De 11.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.00 Lugar: recinto feiral do Trece (Sedes)

A programación deseñada para este evento organizado polo Concello, en colaboración coa delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura, inclúe unha gran variedade de propostas para persoas de todas as idades.

Os postos abrirán ás 11.00 e ás 12.00 haberá un showcooking e degustación de elaboracións con mel, para iniciar sobre as 12.15 horas os obradoiros infantís. Pola tarde ás 16.15 horas haberá un novo showcooking e degustación de sobremesas saudables e as 18.00 un relatorio técnico e unha minicata. No recinto haberá unha decena de postos de venda de mel e tamén outros tantos de venda doutros produtos artesáns.

Actividade: “XXIX Tempo de Música” Hora: 18.00 Lugar: local social da Picota (O Couto)

A Asociación de Veciños do Couto organiza esta convocatoria en colaboración co Concello, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Corais. Actuarán nesta penúltima xornada do programa as corais “Airiños de Caranza” e “Alecrín”, ambas de Ferrol. A entrada é de balde.

Lea también

Narón acollerá ‘Entreterras’, o novo directo de SonDeSeu

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, …