Ferreiro visita a Carmen Díaz Fernández con motivo do seu centenario

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro Román Romero desprazáronse este mércores, día 19 de outubro, á parroquia de Sedes (Narón) para visitar a Carmen Díaz Fernández con motivo do seu centenario.

A homenaxeada cumpriu cen anos o pasado domingo, día 15, e celebrarao coa súa familia esta fin de semana, cunha festa para a que convidou a familiares e amizades. Carmen tivo outros oito irmáns, que xa morreron, e explicoulles a Ferreiro e Romero que naceu no lugar de Bazón, na parroquia de Pedroso, aínda que se trasladou hai máis de setenta anos a Sedes, donde reside actualmente coa súa filla, Carmela Doce e o seu xenro Víctor Santalla.

Xunto a eles e á súa única neta, Yolanda Santalla, recibiu o citado mércores de mans da alcaldesa un ramo de flores como agasallo e unha tarta coas velas do centenario, que puido soprar a homenaxeada durante a visita.

Recordou tamén que en Bazón ten as súas dúas afilladas e como recibe numerosas visitas dos seus familiares e amizades. Viúva dende hai once anos, recoñece que lle gusta moito o doce e confesou que as galletas de coco nunca faltan tralo almorzo, a comida e a cea. Carmen está moi ilusionada coa festa que celebrará este sábado 22 

Antes de finalizar a visita Carmen conversou animadamente con Marián Ferreiro e Román Romero e aseguroulles que “nunca pensei poder chegar a cumprir os cen anos”. Eles, pola súa banda, felicitárona novamente antes de dar por finalizado o encontro, que para ela foi unha sorpresa, e desexáronlle que goce desta nova etapa e da festa que con tanta ilusión espera para este sábado.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …