Últimas prazas na Escola de Música Moderna, Ludoteca e Promedex en Narón

A responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, a edil Mercedes Taibo, anunciou que aínda quedan prazas libres para algúns servizos e actividades municipais ofertados dende o citado departamento.

En concreto, indicou que no caso da Escola de Música Moderna están dispoñibles dúas prazas para as clases de batería, luns ou venres, e catro para as de guitarra, luns e mércores ou luns e martes, e tamén horarios libres nas Aulas de Ensaio os luns, martes, venres e sábados.

Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina poden anotarse aínda menores para as sesións dos luns, mércores e venres nos grupos de 3 a 6 e de 7 a 12 anos; nas dos martes e xoves nesas mesmas edades e tamén no grupo dos luns e martes de 2 anos.

En canto ó Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex), aínda quedan dúas vacantes para menores de 12 a 14 anos en Robótica educativa e unha para alumnado de 8 a 11 anos en Robótica educativa para a infancia.

Taibo apuntou que tamén hai algunhas prazas libres para anotarse nos obradoiros Coro da Capo de 16 a 35 anos e no Coro Peque Solidarium de 6 a 15 anos. Neste mesmo programa quedan prazas para o obradoiro de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Infantil e Primaria, cuarto de infantil e quinto de Primaria, e tamén en tres grupos das Escolas de Familias, os mércores no Centro Cívico Social do Alto, e os xoves e venres no Centro Cívico Social da Solaina

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …