«Venres de consumo responde» ofrece unha charla sobre “Comercio electrónico”

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”.

A convocatoria será este venres, día 14 de outubro, ás 12.30 horas e durante a mesma falarase sobre o consumo e os nosos dereitos para tratar o “Comercio electrónico”.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal, á esquerda que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia a través da ligazón habilitada para a mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer en “Únase dende o navegador”.

Lea también

Xa á venda os tickets para a sardiñada da Noite de San Xiao en Narón con actuación de De Ninghures

O sábado 27 de xuño, a contorna do centro cívico social de San Xiao converterase …