A biblioteca municipal de Narón celebra un acto conmemorativo do Día das escritoras

O vindeiro luns, día 17 de outubro, celebrarase o Día das escritoras, data na que se reivindica o labor e legado das mulleres que escribiron ó longo da historia. Con motivo da festividade de Santa Teresa de Xesús a Biblioteca Nacional de España, a Federación de Mulleres directivas, executivas, profesionais e empresarias (Fedepe) e a Asociación Clásicas y Modernas conmemorarán esta data con actos ós que se suma o Concello de Narón.

A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que “Antes, durante e despois das guerras” é o lema desta sétima edición do Día das escritoras, que se celebrará cun encontro na biblioteca municipal ás 11.00 horas do vindeiro luns.

A técnico responsable do programa municipal Supervivencia doméstica colaborará nesta iniciativa, que consistirá, como indicou Taibo, nunha lectura común e un coloquio posterior sobre textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh.

A participación é libre ata completar o aforo dispoñible da sala.

Lea también

Club Arco Narón compite en el Campeonato Galego de Equipos indoor

Este pasado sábado se celebró en Arteixo el Campeonato Galego de Equipos indoor. El Club …