Xoves 13 de outubro de 2022
Actividade: “Forum Galicia Invest” Hora: 19.00 Lugar: Pazo da Cultura
O Concello de Narón organiza esta convocatoria sobre investimento privado para informar sobre modelos de financiamento alternativo ás empresas que queiran afianzar os seus proxectos ou lanzar novas liñas de negocio. É precisa inscrición previa, de balde. No transcurso do acto presentaranse catro exitosos modelos de negocio.
Actividade: “II Xornadas Micolóxicas” Hora: 19.30 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura
O Concello e a Asociación Micolóxica Viriato organizan esta nova edición das Xornadas micolóxicas. Tres expertos na materia informarán ós asistentes sobre os conceptos básicos dos fungos e cogomelos, da importancia da súa conservación, como recolectalos e a normativa en vigor. As prazas están esgotadas.
Venres 14 de outubro de 2022
Actividade: “II Xornadas Micolóxicas” Hora: 19.30 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura
O Concello e a Asociación Micolóxica Viriato organizan esta nova edición das Xornadas micolóxicas. Tres expertos na materia informarán ó s asistentes sobre os conceptos básicos dos fungos e cogomelos, da importancia da súa conservación, como recolectalos e a normativa en vigor.
Sábado 15 de outubro de 2022
Actividade: “II Xornadas Micolóxicas” Hora: 10.00 Lugar: Saída da Escola de Maciñeira (Neda)
Nesta última xornada haberá un paseo micolóxico pola zona do Roxal, no veciño municipio de Neda. Os asistentes percorrerán un tramo da ribeira do río Belelle para observar os fungos e cogomelos que se atopan pola zona, diferenciando os comestibles dos tóxicos.
Actividade: “A Biblioteca que viaxaba no tempo” Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal
Trátase dun contacontos para bebés de 0 a 36 meses no que se contará a historia dunha pequena vila cunha biblioteca e un taller que se transformará nunha triste cidade coa chegada dunha empresa construtora e que buscará unha solución para recuperar a alegría. As prazas están esgotadas.
Actividade: “Papagena” Hora: 19.30 Lugar: Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (Pedroso)
A compañía ButacaZero trae á cidade esta proposta, unha ópera electrónica contemporánea de Iago Hermo dunha hora de duración. A entrada é de balde.
Actividade: “Una noche con ella” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura
O teatro regresa ó Pazo cunha obra da compañía Pentación S.A., protagonizada pola recoñecida actriz española Loles León. É un repaso polos últimos cincuenta anos da nosa historia, cun 80% de realidade e un 20% de ficción no que Loles, xunto con dous bailaríns/actores e dous músicos en directo amosará a súa alma e soltará a súa mordaz lingua.
Domingo 16 de outubro de 2022
Actividade: “Ninja” Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Ghazafelhos trae a Narón esta proposta teatral para público familiar na que a protagonista é Amelia, unha nena que vive no rural galego e á que lle encanta a cultura oriental. A temática aborda o tema do acoso escolar a través dunha historia cargada de reflexións e coa que se aposta por resolver un problema e facelo visible.