Apertura de inscrición en Narón no contacontos para bebés “A Biblioteca que viaxaba no tempo”

A concelleira de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición, este martes, día 11 de outubro, ás 16.00 horas, no contacontos para bebés “A Biblioteca que viaxaba no tempo”

Trátase dunha actividade que terá lugar este sábado día 15, ás 11.00 horas na Biblioteca municipal, pensada para menores de 0 a 36 meses, cumpridos, e que require que teñan o carné da Rede de Bibliotecas.

As prazas poden reservarse de xeito presencial na Biblioteca municipal ou chamando por teléfono ó número 981 382 173.

Neste obradoiro nárrase a historia dunha pequena vila onde hai unha biblioteca e obradoiro. Un día chega á vila unha empresa construtora que a transformará nunha cidade chea de xente moi triste e, ante ese panorama, a bibliotecaria e a inventora atoparán nos libros máis antigos da biblioteca as instrucións para poder viaxar no tempo e achar unha solución para que a alegría regrese de novo á vila.

A actividade, tal e como recordou a concelleira naronesa, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do programa Ler conta moito.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …