Celebración das «21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón»

 
A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse este luns, día 26 de setembro, á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, no Val, para comprobar o avance dos traballos que están realizando dende a entidade con motivo da próxima celebración, o 8 de outubro, das “21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón”.
 
Acompañados polo presidente da Asociación, Juan Manuel Victoria e da xerente das instalacións, Rocío Coira, estiveron percorrendo os diferentes talleres donde se realizaba a sinalización, as medallas, banderíns e bolsas que se entregarán ós participantes neste evento, máis dun milleiro de persoas.
 
Ferreiro felicitou ás persoas que están traballando dende hai varias semanas para que todo estea a punto de cara á celebración deste multitudinario evento, organizado polo Concello e a Asociación 21 Leguas e que conta coa colaboración dos concellos de Ferrol, Valdoviño e Neda e da Xunta de Galicia, o Porto de Ferrol, a Armada e Navantia.
 
“Quero trasladar os meus máis sinceiros parabéns a todas e cada unha das persoas que estades traballando na elaboración do material co que sinalizaremos a proba e tamén parte do que levarán como agasallo os participantes”, asegurou a alcaldesa.
 
Na súa visita Ferreiro destacou a calidade do traballo realizado e o compromiso da Asociación Chamorro en cada detalle dos que se encargaron dende o Concello naronés. “É un orgullo poder contar cunha asociación da nosa cidade como Chamorro para realizar este labor que é tan importante para nós e precisamente por iso, porque coñecemos o seu compromiso, quixemos que fose esta entidade a que se encargase dunha parte fundamental deste evento deportivo”, subliñou.
 
A rexedora local e o edil de Deportes conversaron coas persoas que hoxe mesmo continuaban ultimando a sinalización e as medallas das 21 Leguas, que lles explicaron o procedemento que seguiron para a súa realización.
 
Finalmente, Ferreiro felicitou tamén ós responsables da asociación Chamorro “porque sodes unha entidade de referencia non só na nosa cidade, de dedicación e atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias”.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …