O pavillón do Val, Narón, acolle a «Xornada de exaltación do percebe da Lopesa»

O Concello de Narón continúa impulsando iniciativas enmarcadas no programa Narón Mar Aberto, deseñado con cargo ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou o evento acompañado por Antonio e David Varela, integrantes da Asociación de Percebeiros de Meirás, que colabora nesta iniciativa. Dende as 12.00 e ata as 20.00 horas poderán degustarse tapas de percebes a un prezo de 12 euros, ata esgotar os algo máis de cen quilos que se cociñarán para a ocasión.

A maiores, tamén se servirán un total de 40 quilos de pementos do Couto, e bebidas a prezos populares.

No pavillón do Val instalaranse mesas e bancos para o momento da degustación, e tamén se habilitará un espazo donde se poderán adquirir os tickets ese mesmo día. A convocatoria, tal e como indicou Pita, completarase con actividades de entretemento, música, autofotos e a visita dun superhéroe, entre outras propostas para persoas de todas as idades.

“Con esta xornada queremos dar a coñecer un dos produtos máis característicos da zona costeira, o percebe, e ao mesmo tempo o pemento do Couto, dúas das excelencias gastronómicas da nosa comarca en xeral e da cidade en particular”, asegurou Pita.

O edil naronés agradeceu a colaboración da Asociación de Percebeiros de Meirás e tamén da Cooperativa do Val nesta cita gastronómica na que animou a participar ós veciños de toda a comarca.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …