Unha unidade de ADOS desprazarese a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará a vindeira semana, o luns 19, mércores 21 e xoves 22 de setembre na cidade de Narón

O vehículo permanecerá operativo o luns 19 de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións da praza da Gándara, na rúa Pintor Sotomaior, e os citados mércores e xoves nese mesmo horario estará nas inmediacións do novo centro de saúde 

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …