O BNG de Narón a través du comunicado expresa que «a finais de novembro do 2021 varias familias, que viven en réxime de alugueiro nun bloque de vivendas na praza do Asilo en Narón, foron informadas que os seus pisos pertencía á SAREB e que se procedía ás dilixencias de desafiuzamento». «A sorpresa foi maiúscula e comezou daquela unha loita onde o BNG apoiounas sempre de maneira pública e a través de propostas no parlamento galego, congreso dos deputados e no pleno do concello de Narón» engade
Desde o BNG manifestan «todo o seu apoio no proceso longo que están a vivir as persoas afectadas pola SAREB no barrio de Piñeiros e fan un chamamento a que todos os grupos do concello de Narón se sumen “o concello debeu ofrecer a posibilidade de xestionar estas vivendas cun acordo coa SAREB pero por desgraza non se moveu máis alá de preguntar pola situación» indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón
«E a Xunta, con competencias en materia de vivenda, tamén ten responsabilidade cara estas familias e outras no resto do país afectadas por procedementos similares. É unha vergoña que se traten as persoas desta maneira cando sempre cumpriron uns contratos nos que descoñecían por completo que a propiedade pasara á SAREB ou banco malo ata a citación xudicial» «É grave que algo que se debera solucionar politicamente e desde as administracións teña que estar nun xulgado e con persoas indo a demostrar o que é unha realidade: que viven nas súas vivendas e que pagan puntualmente o seu alugueiro» declara Ledo