Curso de montaxe de estadas multidireccionais en Narón

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, este xoves, día 8 de setembro, para inscribirse nun curso de montaxe de estadas (andamios) multidireccionais.

Esta acción forma parte do Programa Municipal de Formación e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón.

As solicitudes poden presentarse ata o 15 de setembro no Rexistro municipal, de 8.30 a 13.00 horas, na Sede Electrónica do Concello ou a través dalgún dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Esta acción formativa, que oferta doce prazas, ten unha duración total de 115 horas, do 28 de setembro ó 27 de outubro, e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, de luns a venres entre as 8.30 e as 14.30 horas ata o 17 de outubro e os días 24 e 25 de outubro; de 9.00 a 14.00 do 18 ao 21 de outubro e de 9.00 a 13.00 os días 26 e 27 de outubro.

A edil recordou que se trata dunha acción formativa cun elevado grao de inserción laboral, tal e como o constatan as anteriores edicións convocadas dende o Programa Municipal de Formación.

Formación teórica e práctica de montaxe e desmontaxe de andamios, prevención de riscos laborais, traballos en altura e en espazos confinados, rescate en altura e primeiros auxilios e módulos transversais de orientación, emprendemento e igualdade forman parte dos contidos deste curso.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro ata esgotarse as prazas. O listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello e o alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión para confirmar a praza.

As persoas que desexen recibir máis información poden facelo a través da Sede Electrónica ou do Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …