A Biblioteca municipal de Narón acolle a exposición «Narart, unha ponte á arte»

A sala multiusos da Biblioteca municipal, na plata soto, acollerá do 1 ó 15 de setembro a exposición “Narart, unha ponte á arte”, impulsada pola Asociación Narart (Narón, amigos del arte).

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha mostra colectiva de pintura e fotografía formada por un total de 39 imaxes e outras tantas pinturas de temática diversa.

Os autores dos traballos que se poden ver son trece integrantes da asociación Narart: Lucía Bouza, Manuel Carballeira, María José García, Juan García, Maite López, Katy Martín, Manoli Miraz, Esther Piñán, Crisanto Poveda, Carmen Rodríguez, Rosa María Rodríguez, Mercedes Urriza e Juan Rafael Zaplana

A Asociación Narart constituíuse no ano 2011, tras unha xuntanza en Narón dos seus membros fundadores, que apostaron por impulsala co obxectivo, entre outros, de difundir a arte en todas as súas expresións.

Dende a entidade ofrécense tamén ço longo do ano obradoiros para menores e persoas adultas e, a maiores, organizan un certame literario de poemas e relatos curtos con periodicidade anual, que este ano alcanza a súa décima edición.

A edil naronesa destacou a actividade da asociación Narart e o seu traballo pola difusión cultural e animou a cidadanía a ver a mostra. O horario de visita será do 1 ó 7 de setembro de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas o os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e dende o 8 ata o 15 de setembro, incluídos, de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …