Axenda en Narón deste «finde»

Venres 26 de agosto de 2022

Actividade: Concerto de Coque Malla Hora: De 22.00 a 00.00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello de Narón acolle un dos concertos patrocinados pola Xunta de Galicia a través do programa festivo e de accións culturais Xacobeo 22. O acceso é libre.

Sábado 27 de agosto de 2022

Actividade: “XXIII Torneo de Tenis de Mesa Cidade de Narón” Hora: De 10.00 a 20.00 Lugar: Pavillón polideportivo do Val

Un centenar de deportistas procedentes de diferentes concellos participarán neste evento deportivo, que contará coa presencia de varios rapaces da cidade. Organiza o Concello en colaboración co Club Tenis de Mesa Cidade de Narón.

Actividade: “Festa da verbena” Hora: Dende as 13.30 e pola noite a partir das 22.30 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello organiza en colaboración coa Deputación da Coruña a Festa da verbena. Ó mediodía, de 13.30 a 15.00 actuará o Grupo Pekados na sesión vermouth e pola noite actuarán de novo de 22.30 a 00.00 horas para, dar comezo ás 02.00 horas a actuación da orquestra Los Players. O acceso é libre.

Actividade: “III Carreira nocturna Cidade de Narón” Hora: Dende as 20.00 Lugar: Saída e meta na praza de Galicia

Un total de 486 persoas inscribíronse neste evento deportivo, organizado polo Concello en colaboración co Club ciclista Pasa ou entorna.

Lea también

Minuto de silencio ante o Concello de Narón tralo asasinato dunha muller en Ourense

A alcaldesa, Marián Ferreiro, encabezou a concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta …